Servizos
Creamos, distribuímos e impulsamos proxectos culturais. Desde os espectáculos propios de Suricata Teatro ata a colaboración con outras iniciativas artísticas, traballamos para achegar a cultura a novos públicos e espazos, con especial atención á infancia, ás familias e ao rural galego.

Espectáculos teatráis
Creamos espectáculos propios a través de Suricata Teatro, dirixidos principalmente á infancia e ao público familiar. Propostas que combinan entretemento, aprendizaxe e pensamento crítico, con especial atención á igualdade, á memoria, á lingua galega e ao patrimonio cultural.

Distribución de espectáculos
Achegamos propostas escénicas doutras compañías a centros educativos, bibliotecas, concellos, festivais e espazos culturais. Buscamos oportunidades de programación para espectáculos cos que compartimos unha maneira de entender a cultura, conectando as creacións cos públicos e os lugares onde poden atopar o seu espazo.

Xestión e acompañamento de proxectos culturais
Colaboramos con iniciativas culturais na identificación de oportunidades, na busca de patrocinadores e no establecemento de conexións con entidades e posibles colaboradores. Axudamos a abrir novas vías de apoio e difusión para proxectos artísticos, audiovisuais e interactivos.

