Espectáculos

Begoña Caamaño: a tecedora de historias

Un contacontos teatralizado que achega ás crianzas e ao público familiar a vida e a obra de Begoña Caamaño a través da narración oral, o xogo escénico e a participación.

Partindo da metáfora do tecido, o espectáculo revisita os mitos clásicos desde unha perspectiva contemporánea e feminista, convidando a cuestionar as historias que herdamos e a descubrir novas formas de contalas. Unha proposta para celebrar as Letras Galegas 2026, poñer en valor a nosa lingua e fomentar a igualdade e o pensamento crítico.

Bruna e o ovo do dragón

Un espectáculo teatral para público infantil sobre igualdade. Ideal para campaña escolar de novembro e marzo.

Bruna é unha pequena exploradora cunha misión: levar un ovo de dragón ata o alto da Montaña Vermella. Acompañada polo Libro Máxico do seu avó e coa axuda do público, emprende unha aventura chea de desafíos que a levarán a descubrir que é a primeira exploradora muller da súa familia. Ademáis a axuda do libro, será algo atípica e Bruna deberá avanzar entendendo que non sempre hai que seguir os camiños que outros trazan para nós, e que podemos ser diferentes. Un espectáculo participativo que, a través da fantasía e do humor, convida a reflexionar sobre a igualdade, a valentía, a autonomía e a confianza nas propias capacidades.

O poliño Tío-Pío

Un espectáculo para primeira infancia. 
(0-4 anos)

Lola e o seu mellor amigo Tío-Pío, un poliño moi curioso que quere facelo todo el só, comparten xogos, cancións e pequenos descubrimentos da vida cotiá co público. A través dunha historia próxima e chea de dozura, acompañaremos a Tío-Pío no seu proceso de deixar o cueiro, descubrindo que medrar tamén significa aprender a facer as cousas ao noso ritmo. 

En preproducción

Mamá Herminia

Unha obra de teatro unipersonal sobre a memoria, a perda e os soños que tantas mulleres tiveron que deixar atrás. A través das historias que gardan os obxectos da casa de Herminia, unha muller dunha aldea galega, a súa neta achéganos á vida de súa avoa en pleno proceso de limpeza e mudanza á casa que herdou trala súa morte.

En preproducción

The raccoon who wanted to be a cat

Unha obra de teatro unipersonal bilingüe para público infantil. 

En preproducción


Axudas do Programa EMEGA
Axudas do Programa EMEGA